Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo
Parroquia: Santa Mariña de Cabral
Lugar: Avda. Ramón Nieto, 380
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este edificio, de 1941, é un bo exemplo das teses racionalistas dos anos 20 que influíron na arquitectura industrial. Así, trátase do único edificio industrial de estilo racionalista que existe en Vigo. Está formado por un prisma de 20 x 60 metros de catro alturas. A linguaxe racionalista que os dous arquitectos, Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez, imprimen á obra aprécianse na horizontalidade e na aliñación da disposición de vans, que son interrompidas por franxas verticais. A fachada de acceso é simétrica e queda recalcada nun eixo por unha franxa vertical onde se abre un ventanal continuo. Remata cunha sobria cornixa que alcanza máis altura que o resto da fachada.
O reloxo, co logotipo do promotor e enmarcado nunha semicircunferencia, é o único elemento decorativo da fachada. Os arquitectos empregaron bloques de formigón rebocado e pintado nos cerramentos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VARELA ALÉN, Jose Luis: “Arquitectura racionalista en Vigo”. Fundación Caixa Galicia e Concello de Vigo. 2005

ENLACES WEB
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/03/fbrica-de-santa-clara-1941.html
http://elpais.com/diario/1996/04/22/economia/830124010_850215.html
http://elpais.com/diario/1996/03/10/economia/826412405_850215.html
http://www.laregion.es/articulo/galicia/14-anos-apagado-horno-gea/20160124180744595114.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Co novo PXOM a punto de ser aprobado a fabrica será derrubada, xa que se proxectan vivendas.


Onde está localizado

Latitude: 42.2248111927
Lonxitude: -8.67500424385
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84