Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Brión
Parroquia: San Fins de Brión
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A primeira Fortaleza de altamira construiuse no século IX sobre os restos dun antigo castro que dominaba o Val da Amaía. Esta estivo en pé ata o 1073, en que foi arrasada por Gonzáles de Moscoso. As torres foron reedificadas ao longo da baixa idade media.
Pertenceu á familia dos Moscoso dende o século XV en diante. Son derrocadas polas revoltas irmandiñas entre os anos 1431-1469. Reedificadas e de novo asediadas polas tropas do arcebispo Fonseca no ano 1471.
Estas torres conforman un dos centros máis influentes e poderosos de poder do feudalismo galego, lugar de inacables litixios e espectaculares batallas entre a Mitra Compostelana e os señores de Moscoso, ata o difinitivo acordo entre ambos no ano 1554.
Os restos que se conservan da fortaleza foron construídos pouco despois do asedio de 1471 e datan da época do autonomeado conde de Altamira, o señor don López Sánchez de Ulloa e Moscoso, que se concedeu a si mesmo o Condado no ano 1455 para celebrar un importante triunfo militar sobre as hostes do arcebispo de Santiago, e viviu nelas dende o ano 1480 ata o século XIX. A familia Moscoso, máis tarde trasladouse ao próximo pazo de Trasouteiro.
O abandono por parte dos señores da Casa e un dos primeiros pasos para a ruína. A quebra financiera da duquesa de Baena, dona Luísa Osorio de Moscoso, fai que teña que vender o castelo , as leiras e os foros. Os sucesivos compradores empregaron as pedras para novas construcións, como o templo de Santa Minia de Brión. Os perpiaños da capela dos Reis Magos foron empregados para construír unha corte para o gando.
A planta das ruínas deste castelo ten forma de polígono regular, rodeado de varios torreóns rectangulares, defendidos por numerosas seteiras e troneiras. Destaca do conxunto unha torre defensiva que estaba coroada por matacáns voadizos sobre ménsulas con arquiños. No interior pechábase con bóveda de canón. Había un paseo de rolda, patio de honra e de armas e un alxibe que aínda se pode ver hoxe en día. Consérvase unha boa parede do que foran as residencias pacegas, cunha porta de arco de medio punto lixeiramente apuntado e, por enriba, outra porta máis estreita cun arco conopial que se corresponde co primeiro andar. Esta parte tiña dúas plantas e baixo, está feito con perpiaño de excelente factura. Tamén se conservan os restos da poderosa Torre de Homenaxe, que debía acadar os tres metros de grosor nos lenzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA011.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA028.PDF
http://www.infobrion.com/brionpobo/arquitectura.php?id=320
Brión: Historia, Economía, Cultura e Arte, Clodio Gónzalez Pérez ISBN:84-89129-09-6
Armesto Victoria. Galicia Feudal, Editorial Galaxia, 1971 – (605 páginas,algunha referencias as Torres pax.418, 419, 456)
Galván malagón J. Carlos. Arquitectura militar y aspectos constructivos de las fortalezas bajomedievales. Origen, función, contexto y evolución de las fortalezas de Altamira, Vimianzo y Cira
http://tdx.cat/bitstream/handle/10803/31959/07.CJBM_7de9.pdf?sequence=7
(Pax 287 a 322)
Neira de Mosquera, Antonio. “Galicia Pintoresca.Las Torres de Altamira”1844 . Ver reseña en http://gicesxix.uab.es/showAutor.php?idA=224
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8778510485Lonxitude: -8.68761062622
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 9, 2014
Aporto a seguinte información:
No século IX se constrúe o primitivo castelo. A primitiva construción foi derruída no ano 1073 por Gonzalo de Moscoso, fillo de Veremundo, Conde de Altamira. A liñaxe dos Moscoso, que provén do século VII ou incluso dende o reinado dos suevos.
O castelo foi reedificado por segunda vez ata que foi novamente derruído no ano 1468 polos Irmandiños.
En 1471, e grazas a batalla de Altamira que enfrontaba aos nobres galegos fronte ao clero, Lope Sánchez de Ulloa y Moscoso, ata aquel momento Vizconde de Finisterre, se autonombrou conde de Altamira, creando así o condado do mesmo nome. Este dotou á fortaleza dunha torre que en anos posteriores se converterían en seis. Eran de planta cadrada e rematadas con troneiras e aspilleiras, e contaban cunha garita. A torre da homenaxe dominaba dende o centro o conxunto. Constaba de tres plantas con cubertas de madeira menos a última con cubrición de bóveda de canón. Na contorna atopábase o palacio e a capela dos Reis Magos onde os nobres realizaban enterramentos.
No século XVII os condes se trasladaron ao cercano Pazo de Tralouteiro e o castelo comezou o seu deterioro.
Este ben atópase baixo a protección do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
Máis información: http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/brion/condesdealtamira.html
elixiovieites says:
Out 20, 2014
Arquitectura militar y aspectos constructivos de las fortalezas bajomedievales. Origen, función, contexto y evolución de las fortalezas de Altamira, Vimianzo y Cira
http://tdx.cat/bitstream/handle/10803/31959/07.CJBM_7de9.pdf?sequence=7
elixiovieites says:
Out 20, 2014
Unha noticia sobre sobre as batallas de Altamira
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/01/21/0003_201101SF21P14991.htm
elixiovieites says:
Out 6, 2016
Un video https://vimeo.com/145279286
Video Promocional das Torres de Altamira (A Coruña).
Realización: Jairo Aldana
Direción de fotografía: Hector Cortés
Edición etalonaxe: Miraveo
Produción: Begoña Mtnez. Conde – María Jesús Otero
Planos aéreos: Miraveo
elixiovieites says:
Dec 2, 2017
As Torres de Altamira no Correo Compostelano, ano 1842
Oscar Franco says:
Mar 8, 2021
A Deputación da Coruña inicia as actuacións para recuperar as Torres de Altamira. Así o recolle a prensa dixital do 5 de marzo de 2021:
https://historiadegalicia.gal/2021/03/comeza-a-recuperacion-das-torres-de-altamira-con-catas-arqueoloxicas-e-a-restitucion-das-suas-vistas-sobre-o-val/