Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Barbeitos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Conxunto de tres laxes cos seguintes elementos:

Laxe 1: presenta unha combinación circular de tres aneis, cazoleta central e un apéndice radial. O seu
diámetro é aproximadamente de 30 centímetros. Tamén presenta varios surcos indefinidos, e os restos dun posible zoomorfo.

Laxe 2: sitúase a 1 metro ao sur da laxe 1. Presenta duas combinacións circulares, unha delas ten dous aneis e cazoleta central, cun diámetro de 25 centímetros. A outra presenta unha cazoleta central e dous surcos incompletos, cun diámetro aproximado de 15 centímetros.

Laxe 3: está 30 centímetros ao SE da laxe 1. Presenta tres combinacións circulares. A maior presenta cazoleta central de 2 centímetros, catro aneis e un apéndice radial que arranca do primer anel e se corta no terceiro, o seu diámetro é de 35 centímetros aproximadamente. A carón desta combinación hai varios surcos indefinidos que pudieran ser os restos dun cuadrúpedo. As restantes combinacións atópanse moi próximas entre elas. Una presenta dous círculos, cazoleta central e apéndice radial, e a outra tres círculos e un apéndice que a une coa anterior. Por último aparece unha combinación de dous círculos cun diámetro duns 15 centímetros, e una cazoleta de 4 centímetros de diámetro.
Na imaxen pode verse que, actualmente, está parcialmente soterrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SEOANE VEIGA, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 115-116) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5131572877
Lonxitude: -8.50817486644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84