Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Barbeitos - A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Nunha laxe de 2 metros de largo por 1 de ancho amósanse seis combinacións circulares de dous aneis cada unha sobre unha superficie horizontal e forma triangular. García Alén e De la Peña Santos mencionan tamén catro zoomorfos e un cruciforme.
A rocha está colonizada por liques que esconden as formas dos petróglifos, e por un lado está parcialmente soterrada por unha cuberta vexetal, polo que non se poden apreciar ben tódalas formas.
Seguindo a estrada en paralelo dende esta laxe, atoparemos outra de forma redondeada cunha cazoleta moi pronunciada. Máis cara a dentro, xusto antes de subir a un pequeno promontorio formado por unha rocha plana, pódese apreciar nos laterais outro petróglifo formado por unha cuadrícula.
Para chegar, baixando da N-541 en dirección á Carballeira de San Xusto, habería que parar a uns 10 metros da encrucillada, xusto onde remata o montículo artificial, a man dereita, feito cando se fixo a ampliación da estrada. Alí, a uns 4 metros da estrada, verémolo preto de xestas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARCÍA ALÉN e DE LA PEÑA SANTOS: «Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra». Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1980. (p. 52)
SEOANE VEIGA, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 249-250) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf (p. 27, Xacemento 26)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5134123352Lonxitude: -8.50464105606
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84