Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cartelle
Parroquia: Sande (San Salvador)
Lugar: Sande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Torre de Sande data do século XII. Está construída nun altorelo rochoso sobre o río Arnoia. De 13 metros de altura, ten planta rectangular e tres andares. Na parte superior, de onde desapareceron as ameas, sobresaen un grupo de ménsulas. Ao interior accédese por medio dunha porta con arco semicircular coa pedra armeira dos Sande. Nos muros pódense ver os signos pétreos dos canteiros. No ano 1141, o rei Afonso VII dooulla ao mosteiro do Salvador de Celanova logo de que o señor da torre, Nuno Sande, matara ao seu abade. Xogou un importante papel no ano 1165, cando as loitas entre Fernando II e o rei portugués Afonso Enriques.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA003.pdf (p. 2)
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf (p. 13)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2454108118Lonxitude: -8.09161305428
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
Nerea says:
Abr 16, 2015
Boas! estou realizando un traballo de investigación e creo que me podería ser de axuda. Se non fose moito pedir gustaríame que se puxese en contacto comigo.
Un saúdo e gracias por adiantado.
Xabier Moure says:
Abr 17, 2015
Ola, Nerea. Son o que cataloguei a Torre de Sande, non sei se queres falar conmigo ou cos administradores da páxina. O meu correo é onosopatrimonio@gmail.com
Saúdos.
Mon says:
Xan 4, 2022
a titularidade da torre non é pública, se non onde vai que xa a terian restaurada ainda que é unha excusa moi boa por parte dos político dicir que é privada e por tal non fan xestións para a súa posta en valor
Oscar Franco says:
Mar 8, 2016
Recollo aquí unha cantiga tradicional que fai referencia a este ben:
“Castelo de Sande,
pernas de avión,
cuantas terras vexo,
todas miñas son.”
Mon says:
Xan 4, 2022
de onde é recollida a cantiga??? teño interés en saber a súa orixe. Grazas
Oscar Franco says:
Xan 4, 2022
Bo día Mon:
Descoñezo a súa orixe. Síntoo.
Un saúdo.
Óscar Franco
Oscar Franco says:
Mai 17, 2020
A prensa dixital de maio de 2020 recolle a triste nova da incorporación desta torre á Lista Roja del Patrimonio:
https://listarojapatrimonio.org/ficha/torre-de-sande/
https://www.laregion.es/articulo/celanova/fortaleza-sande-entra-lista-roja-patrimonio/20200514142627946142.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/cartelle/2020/05/13/incorporan-lista-roja-patrimonio-torreon-sande-cartelle/00031589360281810774871.htm
https://www.revistadearte.com/2020/05/13/el-torreon-de-sande-pasa-a-la-lista-roja-del-patrimonio/