Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cartelle
Parroquia: Sande (San Salvador)
Lugar: Sande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Torre de Sande data do século XII. Está construída nun altorelo rochoso sobre o río Arnoia. De 13 metros de altura, ten planta rectangular e tres andares. Na parte superior, de onde desapareceron as ameas, sobresaen un grupo de ménsulas. Ao interior accédese por medio dunha porta con arco semicircular coa pedra armeira dos Sande. Nos muros pódense ver os signos pétreos dos canteiros. No ano 1141, o rei Afonso VII dooulla ao mosteiro do Salvador de Celanova logo de que o señor da torre, Nuno Sande, matara ao seu abade. Xogou un importante papel no ano 1165, cando as loitas entre Fernando II e o rei portugués Afonso Enriques.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA003.pdf (p. 2)
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf (p. 13)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2454108118
Lonxitude: -8.09161305428
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84