Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Vicedo
Parroquia: Río Barba (San Paulo)
Lugar: O Regal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Cruz de Canoura está emprazada sobre un valado na marxe dun camiño, carecendo de base. Está construída en lousa nunha soa peza. Chama a atención o esquemático Cristo crucificado esculpido na intersección.

Para chegar ata a cruz hai que coller a estrada que vai dende A Igrexa á Ponte do Porto. Pasado o cruce que leva ao Canto do Muro, continuaremos pola estrada uns 400 metros, desviándonos por un antigo camiño de carro que baixa, entre eucaliptos e pronunciado desnivel pola dereita. A cruz atópase a uns 300 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que a mediados do século XIX uns madeireiros (hai que asegura que portugueses) que estaban a talar os carballos que medraban no Plantío, monte hoxe en día ateigado de eucaliptos, asasinaron (descoñécese a causa) a un compañeiro, soterrando o cadáver ao pé da cruz. Dende aquelas, disque o espírito do home, para lembrar o infame crime, laia a voz en grito a súa desgraza. Mesmo xuran que as vacas, que son as primeiras en escoitar os estarrecedores berros, néganse a pasar polo lugar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.668278272293335
Lonxitude: -7.691845893859863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84