Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Vicedo
Parroquia: Vicedo, O (Santo Estevo)
Lugar: O Curro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de sección octogonal, agás nos extremos que é cuadrangular, asentado sobre un pedestal cúbico coas arestas achafranadas. Sobre o sinxelo capitel érguese unha cruz grega cos extremos dos brazos e a cabeceira rematados en cuadrifolia. O Cristo crucificado, baixo o letreiro de INRI, aparece representado con tres cravos e coroa de espiñas, pé dereito montado sobre o esquerdo, pano de pureza anoado á dereita, boca e ollos pechados e cabeza ladeada cara a dereita. Chama poderosamente a atención as desproporcionadas medidas do crucificado, con brazos moi grosos e pernas moi curtas e fracas con respecto ao resto do corpo. Debaixo do capitel, sobre unha peaña, figura unha Virxe con manto en posición orante.
A Cruz do Curro sitúase na aldea do mesmo nome, á esquerda da pista asfaltada que vai dende o cemiterio parroquial á estrada xeral Viveiro-Ferrol. Ten orientación oeste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Paraban os enterros ata que, por liortas entre un cura e os propietarios da cruz, deixaron, por decisión de aquel, de facelo. Segundo nos contou o dono actual da cruz, don Antonio Carreja “Toné”, o motivo veu dado pola negativa da familia de donar o cruceiro á Igrexa, feito que non apraceu ao cura en cuestión, quen, como represalia, negou a parada aos enterros que pasaban á súa altura.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.73405291729672Lonxitude: -7.659058570861816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84