Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Pontedeume (Santiago)
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Convento de Santo Agostiño foi fundado co nome de Santa María de Graza por Fernando Pérez de Andrade no ano 1538, extramuros da vila. Levántase no casco histórico, é de planta prismática e carece de claustro. Na fachada principal amosa as súas características renacentistas; a porta principal, con moldura decorada con orelleiras, é propia do barroco. Na parte posterior ten unha escaleira que dá paso a un corredor sustentado na planta baixa por arcos de medio punto aberto ao xardín. No 1842 foi mercado polo concello quen o converteu en escola, cuartel e cárcere. Logo de pasar a mans particulares e utilizado como vivenda durante un tempo, volveu ao concello a finais do pasado século onde se instalou a Casa da Cultura. Na praza do convento estivo o primeiro cemiterio de Pontedeume.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4074479Lonxitude: -8.1699094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xose Troiano says:
Abr 14, 2014
Na parte do xardín consérvanse os dous porcos bravos orixinais, en granito, emblemas dos Andrade, e que antes estaban colocados fronte a Ponte. Marabillosas esculturas que non se poden deixar de ver se un vai a Pontedeume de visita.
Oscar Franco says:
Xan 12, 2017
Este convento, catalogado pola Xunta co código RI.000011092, atópase tamén no PXOM do Concello de Pontedeume do ano 2016:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca003.PDF (Ficha A_032 – Páxina 56)
Engado tamén a seguinte referencia bibliográfica:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez». Vol IX. Deputación Provincial da Coruña, 1997.