Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Rao (Santa María)
Lugar: Laxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Pena Castelo érguese a 793 metros de altitude sobre o nivel do mar, dominando un pequeno val regado polo río que tomou o nome da freguesía. No tocante ao topónimo non hai acordo canto ao por que de tal nome: un primitivo asentamento castrexo para uns, unha torre medieval para outros ou que, pola forma que debuxan as colosais penas que a coroan, semella unha fortaleza. Agochado entre a vexetación atópase un muro e uns metros máis adiante outro. Tamén se ven os alicerces do que semella unha vivenda. O abrupto do terreo, a coidada disposición das pedras e a anchura, de case un metro, desbota a hipótese de que aquilo fosen unhas sinxelas paredes divisorias dunha herdade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Un veciños aseguráronme que nun momento non precisado da Idade Media (que eu saiba, non existe documento que testemuñe tal feito), o castelo foi asaltado e destruído, disque o lugar onde os atacantes emprazaron os canóns quedou ermo para sempre pola gran cantidade de pólvora utilizada que por queimar, queimou ata as pedras. Cóntase tamén que a media ladeira do monte hai unha cova (ou máis dunha) que vai dar ao río. E na súa base, xa xunto o río, outra cova asociada á lenda dun tesouro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/lendas-ritos-e-tradicions-da-comarca.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.95861478824006
Lonxitude: -6.884307861328125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84