Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pedrafita do Cebreiro
Parroquia: Cebreiro, O (Santa María)
Lugar: O Cebreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No mesón de “San Xiraldo”, antigo hospital de peregrinos, hai unha copia dun petroglifo orixinario de Salcedo, concello da Pobra de Brollón. Nel pódense observar dúas figuras humanas e tres animais, dous con espadas ou frechas gravadas no ventre. Segundo contan, existen outras dúas copias, unha en Barcelona e a outra en Sevilla. O gravado foi reaproveitada no ano 1952 (data que aparece na parte superior esquerda) como lintel da porta dunha palloza. Ignórase quen foi o autor da copia do petróglifo de Salcedo cuxo orixinal se perdeu.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7078162Lonxitude: -7.043627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xabier Moure says:
Mai 30, 2016
Hai algún tempo, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares comprobamos que que este relevo (o de petróglifo é como o catalogara Elías Valiña Sampedro) que se trata da peza orixinal. Hai pouco tempo presentamos un escrito no Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo para que se inventaríe e catalogue xa que temos fundadas sospeitas de que a peza pode “desaparecer” como xa aconteceu con outras do Cebreiro.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/a-pobra-do-brollon/2015/11/19/misterio-do-petroglifo-salcedo/0003_201511M19C4991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/a-pobra-do-brollon/2015/12/08/relevo-arqueoloxico-salcedo-garda-cebreiro-e-peza-orixinal/0003_201512M8C3991.htm
Xabier Moure says:
Mai 30, 2016
A noticia onde sae a petición da protección para o relevo.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/04/15/piden-categoria-bic-enigmatico-gravado-salcedo/0003_201604M15C12991.htm