Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ponteareas (San Miguel)
Lugar: Canedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A presenza dos franciscanos no condado remóntase a 1603 coa fundación na praza forte de Salvaterra de Miño dun convento franciscano fundado e dotado por Diego Sarmiento de Soutomaior. Este cenobio foi destruído en 1642 a causa das guerras con Portugal.
Será necesario agardar a 1715 para que, novamente, os franciscanos se fagan presentes na comarca, agora na freguesía de San Miguel dos Canedos. Alí, D. Xosé Francisco Salvador Sarmiento Velasco Isasi, conde de Salvaterra e marqués de Sobroso (entre outros moitos títulos), fixo doazón do pazo de Canedo para convertelo en convento franciscano.
Nese mesmo ano comezan as obras de ampliación e adaptación do devandito pazo, aínda que estas foron lentas: primeiro remátase a igrexa e, logo, remodélase o pazo para convertelo en convento. O claustro, moi sinxelo e de pequenas proporcións, foi rematado, segundo consta en sendas inscricións, entre 1784 e 1785. Do edificio primitivo, ademais da pedra e dalgunhas paredes, aproveitouse a porta principal, do século XVI, que serve aínda hoxe de entrada á casa conventual, e algúns dos escudos que campan nos seus muros. Aínda que as obras aínda non finalizaran, en 1752 xa contaba Canedo con 19 frades sacerdotes e 4 leigos.
En setembro de 1835, os relixiosos deben abandonar este convento co gallo da decisión gobernamental de exclaustración e desamortización dos bens eclesiásticos (a coñecida como Desamortización de Mendizábal). Expulsados os relixiosos, o goberno procede a incautarse do inmoble e horta conventual, converténdoos en bens nacionais para a súa posterior venda.
Así, en 1841, procédese á súa venda: a horta por un prezo de 41.200 reais, o bosque por 32.640 reais e o monte frontal situado baixo o adro da igrexa, en 1100. Todo foi adquirido por D. Severo Pesqueiras, o cal segue adicando a veiga aos labores agrícolas, mentres que anos máis tarde vende a parte frontal do adro a varios particulares de Canedo.
A casa convento, en cambio, vai sufrir o abandono, acrecentado pola súa desocupación. Foi adquirida en 1870 por D. José Parames, en 4500 escudos, quen á súa vez o vende a D. Severo Pesqueiras en 1872.
Por aqueles mesmos anos, á vista da ruína deste conxunto conventual, a Comisión de Festas do Santo Cristo dos Aflixidos decide retellar a igrexa en 1880, gastando 1.040 reais.
En 1893, tras a restauración da provincia franciscana de Santiago, séntese a necesidade de buscar unha casa para noviciado, sendo o encargado o P. Marquina, á sazón Comisario Provincial. Tras un ofrecemento por parte do propietario en 1893 e tras unha serie de misivas, chégase á compra en 1895, sendo o prezo moi baixo polo interese que tiña o Sr. Pesqueiras en que os franciscanos residisen en Canedo, novamente. O monto total da compra foi de 15000 pts .
Realizada a compra, os franciscanos, despois de 69 anos de forzosa ausencia, regresan a Canedo. Á súa chegada só atopan un montón de ruínas e así, en decembro de 1815, son enviados para iniciar as obras de restauración, Fr. Manuel Fernández e o H Ambrosio Polo, e o 5 de febreiro de 1896 chega como primeiro presidente o P. Eugenio Campo.
Este labor de restauración complétase e o 19 de setembro de 1897 realizase a solemne inauguración.
Unha vez restaurado o convento, este vólvese converter en foco de espiritualidade para a zona do Condado. A presenza franciscana foi sentida con intensidade polos veciños de Ponteareas, que en 1997, a través da Corporación Municipal, acordan concederlle a Medalla de Ouro do municipio ao Convento de San Diego de Canedo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA011.pdf (Páxinas 2 e 3)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDRW9fOGRHMlgtVGs&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 1)
http://www.conventodecanedo.info/
http://alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es/2013/01/monasterio-de-san-diego-de-canedo.html

http://omeigodotea.blogspot.com/2019/05/os-templarios-no-condado-e-suas-pegadas.html

BIBLIOGRAFÍA
Buján García, J.M. Presencia Franciscana en la Diócesis de Tuy. El convento de San Diego de Canedo: Boletín do Museo Provincial de Lugo, ISSN 0212-8438, Nº. 4, 1988-1989 , páxs. 163-188


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1820017572
Lonxitude: -8.49207758904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84