Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Celeiros (San Fins)
Lugar: Celeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que se levanta sobre dúas gradas de pedra, a primeira case oculta polas reformas do pavimento. A base é cadrada e coas arestas achafranadas, orixinando curiosa decoración: Leva unha inscrición o arredor que di: “ANO DE 1700, ESTA OBRA MANDO HACER POR, SU DEVOCIÓN”
Nesta base cúbica descansa un fuste poligonal, rematado nun fermoso capitel composto, cuadrangular, un tanto piramidal e truncado, coa base invertida, que mide de alto 40 cm, ostras nas catro esquinas, volutas que nos recordan os capiteis xónicos e cabezas de anxos no centro, todo envolto na súa parte inferior en follas de acanto rodeadas por un anel octogonal. Cruz de paus cadrados, que leva no anverso a figura de Cristo baixo a cartela de INRI, co pé dereito sobre o esquerdo ó modo clásico. Todo é cara ó poñente. No anverso a Virxe cos pés sobre peaña, mans collidas en actitude dolorosa e cun manto que a cubre dende a cabeza ós pés.

Nest cruceiro dan volta as procesións, e venérase ao Santísimo na festividade de Corpus Christi.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planteamientourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA004.pdf (Páxina 3)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420601.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase nun pequeno cruce de moito tránsito de vehículos o que pon en risco o cruceiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.167559501
Lonxitude: -8.45186457038
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84