Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baralla
Parroquia: Vale (San Xurxo)
Lugar: Vale
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Igrexa de San Xurxo de Vale data do século XV, con reformas no XVII, sendo a nave o único que se conserva do templo primitivo. Posúe o presbiterio máis amplo e elevado ca nave, con cubrición a catro augas e arco triunfal de medio punto sobre piastras laterais. A fronte presenta unha porta con arco de medio punto, protexida por un cabido con cubrición a tres augas sobre o que se ergue unha espadana de dous vans que acollen as campás. Na cornixa obsérvanse varios canzorros de traza sinxela, entre os que saliente o dunha cabeza humana. No interior hai un retablo neoclásico do ano 1800, coas imaxes de San Xoán, San Xurxo matando a un dragón, Santo Antonio, A Virxe co Neno e outras tallas. Nun retablo lateral vese un santo con sombreiro, palma e un libro. No retablo lateral sur, a imaxe do San Roque. Pinturas murais do século XV nos laterais da nave nas que se escenifican aos Reis Magos e o nacemento de Cristo, cabaleiros e damas con representacións diabólicas, o Xuízo Final e San Miguel; a parte superior está coroada por unha representación de San Xurxo ferindo ao dragón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.490 e 6.491).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.844701592414864
Lonxitude: -7.2502899169921875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84