Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Rao (Santa María)
Lugar: Murias de Rao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As brañas, espazos naturais provistos de auga, eran aproveitadas en determinadas épocas do ano para que o gando pastara. As edificacións de Pan do Zarco, dende onde se pode ver o Pico de Surcio, presentan as construcións mellor conservadas da serra dos Ancares.

Antigamente realizábanse desprazamentos de gando cara estas zonas durante catro meses ao ano. Toda a familia trasladábase a vivir alí co gando. As chairas empregábanse, ademais de pasto para os animais, para sementar cereais, que constituían un elemento importantísimo na alimentación da poboación da zona. A palla (colmo) empregábase para a construción dos tellados das vivendas; hoxe en día, despois da súa rehabilitación, están cubertas de lousa. Todas as construcións son de planta rectangular, agás unha que mantén a tipoloxía circular das pallozas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e RODRÍGUEZ CAMPOS, X. 1990: “Antropología y etnografía de las proximidades de la sierra de Ancares”.

ENLACES WEB
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/07/toponimia-do-concelo-de-navia-de-suarna.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9042909
Lonxitude: -6.863765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84