Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourol
Parroquia: Xerdiz (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Santa María de Xerdiz presenta planta de cruz latina divida en tres naves delimitadas por arcos de medio punto. Ten espadana de dous vans que acollen as campás. No interior salienta o retablo maior coas imaxes de Nosa Señora da Esperanza, San Xoán Evanxelista e outras tallas, todas do século XVIII. O retablo lateral dereito, barroco, conserva unha talla protogótica do século XIV que representa á Virxe sentada nun escano co Neno Xesús sobre os xeonllos. No falso teito da capela maior aparecen pinturas dos catro evanxelistas e outros motivos datados no século XVIII. Entre as pezas destaca unha cruz de prata do ano 1808.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodeourol.es/

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.517 e 6.518)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5515922
Lonxitude: -7.614549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84