Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)
Lugar: Monterrei - Queimadiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela pertencente a o campamento militar que estaba situado no que agora é o Complexo Deportivo Monterrei.
Planta rectangular, con muros de perpiaño de granito nas cabezas e arredor dos ocos, sendo o resto en cachotería, recubertos con formigón proxectado.
A porta de entrada atopase no centro de un dos muros laterais, sobresaíndo un pouco do que é a planta rectangular. Ten porta alintelada con ocos laterais enreixados, sobre a entrada frontón triangular en granito con moldura superior. Na cabeceira oco circular enreixado con decoración en cruz de granito, na cima decoración con molduras e pináculos con bolas nos laterais, no centro espadana de un oco rematada con cruz metálica.
Os muros laterais teñen varias ventás todas enreixadas. A cuberta e a dúas augas, tanto na nave como no saínte da entrada.
Actualmente ten funcións de oficinas e vestiarios do complexo deportivo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.31941499740911
Lonxitude: -7.80372083187103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84