Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - Gran Vía, 62
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio Bujados Fernández foi proxectado por Manuel Gómez Román no ano 1946. Este edificio de dúas fachadas e chafrán angular, destaca polo protagonismo que o proxectista lle outorga aos lenzos enfoscados e branqueados. En contraste, a pedra aparece espida nos tres andares inferiores, no contorno dos ocos, así coma nos eixos estructurantes dos seudo-miradoiros.
Posúe un chafrán de planta poligonal no que volve abranguer todo o protagonismo mediante o flanqueo dos seudo-miradoiros e a través da disposición da porta de entrada principal, coroada por un edículo semicircular perforado por un grande óculo.
O edificio consta de seis alturas. O andar máis elevado sepárase dos inferiores por medio dunha liña de imposta que converte a este piso nun entaboamento habitado, máis que nun andar convencional.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca009.pdf (Páxina 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22846472464847
Lonxitude: -8.720292001962662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84