Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pantón
Parroquia: Pantón
Lugar: Augas Santas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Coviñas insculpidas en dúas penas que actúan como basamento dun cruceiro moderno, que substituíu a outro de madeira, situado nas inmediacións do santuario de Augas Santas, asociadas, posiblemente, a algún tipo de ritual relacionado coas augas con propiedades salutíferas que manaban en varios puntos do lugar; tamén se ve unha especie de cruz ou “T” de factura moderna. Hoxe en día só se conserva a coñecida como A Fonte da Virxe. Segundo me comentaron uns veciños, en tempos había outro manancial e dous pozos, un situado detras do santuario de orixe románica, coñecido como Pozo de Santa Lucía.
Nunha pedra próxima, que actúa como muro dun galiñeiro, vese unha curiosa figura humana, a todas luces de época moderna, que podería representar a algunha divindade. Segundo o arqueólogo Iván Álvarez, en información recollida de La Voz de Galicia, as liñas que arrodean á figura poderían simular unha aura, nun intento de esculpir un motivo de carácter relixioso; dálle unha cronoloxía de dous ou tres séculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/05/10/uns-petroglifos-ben-visibles-desconecidos/0003_201205M10C5991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.516024435602695
Lonxitude: -7.597818374633789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84