Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ramirás
Parroquia: Casardeita (Santiago)
Lugar: Pambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Grada de tres chanzos en perpiaño de granito. Sobre unha base cúbica con arestas biseladas sae o fuste cilíndrico liso rematado en capitel composto de gran calidade, con botóns florais, volutas e cabezas de anxos.
Enriba cruz de sección cadrada con remates florais nos extremos, con Cristo crucificado no anverso e imaxe da Virxe orante no reverso, con panos pregados de estilo Barroco.
O poderoso Cristo, con costelas moi marcadas, leva enriba cartela con a lenda “INRI”.
Situado diante da capela de Santa Águeda no Pambre é un dos magníficos cruceiros de este Concello.

Fotos: Chita Ferreira


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.17538880388309
Lonxitude: -7.98514813184738
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84