Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: Pantón
Lugar: As Augas Santas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Reconstruída no século XX, consérvanse restos románicos e góticos. Presenta unha nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto apuntado apoiado sobre xambas, tímpano con mochetas lisas e xambas decoradas; por riba hai unha ventá de arco redondo con doelas irregulares. Tamén ten outras dúas portas con mochetas ornamentadas. Cabido sobre piares de pedra e aleiro con canzorros que representan a distintas figuras. A sancristía está apegada á ábsida. No interior conserva retábulos de estilo neoclásico con imaxes, salientando a da Virxe de Augas Santas. Sobre un pedestal está a venerada imaxe de Santa Lucía. Afamada romaría no segundo domingo de setembro.
Nas inmediación atópase a coñecida como Fonte da Virxe, en mal estado de conseración, á que se lle atribúen propiedades curativas. Tamén, formando parte do basamento dun cruceiro moderno que substituíu a outro máis antigo de madeira, pódense ver unhas rochas con cazoletas asociadas, posiblemente, a un antigo rito precristián relacionado coas augas; arredor delas discorre a procesión.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.519 a 6.521)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51577137588487
Lonxitude: -7.598161697387695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84