Outra fotografía:
Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Monforte de Lemos
Lugar: Monforte de Lemos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
As primeiras noticias da existencia de poboación xudía en Monforte data do ano 915 en que se fai alusión a un tal Ismael “xudío”. Tamén se sabe que no século XIV ocuparon postos relevantes cos condes de Lemos. No ano 1496, coincidindo co edicto de expulsión dos xudíos de Portugal, moitas familias que antes do ano 1492 vivían en Galiza retornaron, asentándose sobre todo en Allariz, Ourense, Ribadavia, Tui e Monforte de Lemos. Ao parecer, os xudíos de Monforte non tiveron un lugar concreto de concentración, emprazándose, como aconteceu noutros lugares, en torno ás portas da vila e xunto o mercado. Pola documentación sábese que habitarían nas inmedicacións da igrexa da Régoa, rúas Zapatería, Falagueira (onde supostamente se atopaba a sinagoga) e Pescadería.
Malia o anterior, o historiador Anselmo López Carreira di que en Galiza non houbo barrios habitados exclusivamente por xudíos vivindo, agás excepcións, mesturados co resto da poboación.
(Foto da Porta da Pescadería ou da Alcazaba)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A respeito dos xudíos de Monforte existen varias lendas e ditos; no século XVII os veciños de Sarria cantaban: “Monforte de Lemos, Monforte dos demos, quinientos veciños, trescentos ladróns e o resto xudíos”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.52303378167837Lonxitude: -7.509241104125977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Feb 6, 2013
O barrio xudío de Monforte na tvg
Oscar Franco says:
Ago 24, 2017
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/maleza-come-un-castillo/idEdicion-2017-08-23/idNoticia-1070183/