Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Monforte de Lemos
Lugar: Monforte-San Vicente do Pino
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Residencia dos condes de Lemos, foi erixido no século XVI. Despois dun devastador incendio, que provocou tamén a perda de moitos documentos, tivo que ser reconstruído no século XVII. Do edificio orixinal consérvase a portada de acceso onde salientan as pedras armeiras dos Osorio e dos Castro; brasóns que tamén se poden ver, esculpidos en pedra, nun dos lados da Torre da Homenaxe. Na actualidade acolle parte das dependenzas do Parador de Turismo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dise que hai un pasadizo que comunicaba o pazo co mosteiro de San Vicenzo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.513 e 6.514)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.52380552168377
Lonxitude: -7.510356903076172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84