Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Monforte de Lemos
Lugar: Monforte de Lemos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñecida tamén como convento de San Xacinto ou de San Domingos. Agás a sancristía e o edículo de Nosa Señora do Rosario, a igrexa, situada na faldra do monte de San Vicente e preto dunha muralla do castelo medieval, data do século XVI. Presenta unha nave rectangular e ábsida cuadrangular construídas en cachotaría de granito. A cúpula remata en lanterna de oito vans. Na portada sur, con arco alintelado, vese unha fornela con forma de vieira. No interior salienta o altar maior barroco e o artesoado do teito. Tamén conserva un órgano do ano 1808 realizado por Pedro Méndez segundo unha inscrición situada na parte traseira. Considerado coma un convento menor, foi rexentado polos dominicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.513 e 6.514)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5234781658
Lonxitude: -7.5120306015
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84