Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Viveiro
Parroquia: Galdo
Lugar: Monte Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena ermida de planta rectangular con cubrición a dúas augas e teitada de lousa. De escaso valor artístico, está situada a 485 metros de altitude sobre o nivel do mar nun rochedo do monte Castelo dende onde se domina unha ampla panorámica sobre o val do Landro e a ría de Viveiro. Na ermida remata un Vía Crucis construído no ano 1894. Celébrase unha romaría o domingo anterior ao luns de Pascua. Hai quen considera o lugar como asentamento castrexo ou altar druídico, e outros como un asentamento fortificado medieval. A auga da choiva depositada nas pías naturais das rochas que hai no lugar disque cura as dores de oídos, ollos e cabeza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, San Martiño e San Roque (con capela situada no monte do mesmo nome nas proximidades de Viveiro) tiveron unha discusión polo que cada un deles marchou para o seu monte. San Roque, cando chegou, encomezou a tirarlle pedras ao San Martiño, mais non era quen de atinarlle, polo que este non facía máis que burlarse da mala puntería do seu contrincante. Tanto se enrabechou o San Roque que lle guindou todas as pedras que había no seu monte. Por ese motivo é polo que o monte de San Roque apenas ten pedras e en troques o de San Martiño está ateigado delas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Francisco J. Janeiro Rodríguez: “Romarías e santuarios da comarca de Viveiro”.

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.538 e 6.539)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.610482938594494
Lonxitude: -7.614898681640625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84