Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mondariz
Parroquia: Vilasobroso (San Martiño)
Lugar: Vilasobroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo ten planta rectangular con sancristía acaroada polo lado norte. Tellado a dúas augas a excepción da zona do presbiterio que vai a catro e nun corpo máis elevado. Toda a cuberta é de tella francesa ou de encaixe. Os muros están feitos a base de cadeirado regularizado de granito e amosan poucos vans. Leva uns contrafortes nos muros laterais da nave principal que lle confiren un aspecto rexo dada a pouca altura do edificio. A fachada ten porta cadrada e unha pequena ventá de lados achafranados para gañar luminosidade. Remata en gran espadana con ocos de arco para dúas campás e adornada con pináculos de bóla e dúas faixas horizontais de arestas saíntes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20460023398429
Lonxitude: -8.459805250167847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84