Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cóntanse na aldea de Outeiro ao redor dunha ducia de hórreos espallados pola aldea, pero son os agrupados na agra que dá cara a estrada que vai dende o Ezaro ás Paxareiras, os que compoñen o conxunto máis interesante.
O estilo fisterra e o que amosan estes hórreos en distinta fase de consecución construtiva. Vén sendo o tipo máis sinxelo en canto a súa construción. Dende o punto de vista dos remates e o material usado, é o máis basto, pois as pedras que o compoñen non gardan igual dimensión. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade de asentamento das pezas do cachote da cámara. Os pés son lixeiramente cónicos e provistos de tornarratos. Algún destes hórreos aínda sendo deste estilo teñen perpiaños cuadrangulares e tornarratos ben labrados en diferenza cos máis antigos. Os pináculos dos cumes dos penais nalgún vai apuntado como o tipo Noia, outros non os teñen.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Páxina do pxom de Carnota de 1996 onde aparecen (parroquia de San Mamede de Carnota)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf ( 1 de 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8841011455
Lonxitude: -9.06734704971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84