Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Moreiras (Santa Marta)
Lugar: Complexo Deportivo Monterrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Complexo Deportivo Monterrei ten unha zona recreativa, con mesas e bancos, ao seo carón uns penedos, entre eles atópase este marco de termo, ademais de varias cazoletas espalladas por estes penedos.
Trátase dun marco de granito de forma troncopiramidal, cunha altura de 60 cm. aproximadamente, e que ten gravadas tres cruces pola cara do nacente e outra na cima, moi erosionada, que apenas se distingue.
Descoñecemos que nos marca nesa posición, pero a realidade é que a uns 700 m. de distancia está a actual confluencia dos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, e puidera ser que anteriormente os lindes dos concellos non coincidiran exactamente cos de agora, ou que simplemente nos indique unha antiga división de parroquias, pois as actuais tampouco coinciden.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.320880589814664
Lonxitude: -7.80569896101951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84