Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio para a orde relixiosa de clausura das Nais Mercedarias descalzas, datado en 1673, é obra de Diego Romay. A súa organización é canónica: unha soa nave con planta de cruz latina e unha enorme cúpula que remata o centro do cruceiro. O convento, de cantería en granito, álzase sobre unha plataforma coa súa fronte feita a base de sillería. A igrexa desprazada cara a esquerda, e que se ve enmarcada dende a Praza de Mazarelos por debaixo da luz do seu arco, aporta verticalidade ao conxunto coa fachada de tres corpos dividida por dúas pilastras corintias de orde xigante e co campanario do s. XVIII. A fachada é simple e sen moitos adornos; As ventás van enmarcadas con orelleiras nos seus ángulos e a cornixa con gárgolas. No primeiro corpo amosa un pórtico con tres arcos de medio punto. Os dous corpos superiores están contidos nun grande arco cego que remarca a nave única do templo, con bóveda de canón,no interior. O da parte baixa divídese en tres rúas por medio de pilastras, destacando na central o fermoso relevo de bulto representando a Anunciación, obra de Mateo de Prado. Nos laterais podemos ver escudos arzobispais. No terceiro corpo un frontón do que colgan grilandas de froitas, flores e follas, que enmarcan un ventanal cuadrangular rematado en frontón voado.
Os feligreses actuais veneran a imaxe da nosa Señora da Mercé que achegou o escultor José Ferreiro


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/mercedarias.htm.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.878613672872845
Lonxitude: -8.54088306427002
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84