
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Vicedo
Parroquia: Riobarba
Lugar: Os Sirgos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situado a 700 metros do cruce da Cruz da Pardiñeira. Trátase dunha cruz monolítica de granito de boa feitura asentada sobre un valado na marxe dereita dun antigo camiño (hoxe en día inzado de matogueira) que discorre paralelo á actual estrada a Cabanas, pouco antes do desvío a Maladas. A cruz sobresae 90 cm. do chan. A curta cabeceira fai que a escultura amose un aspecto desproporcionado. Carece de basamento. Enterraban “anxeliños” e tamén adultos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.666099028176866Lonxitude: -7.659916877746582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Abr 7, 2013
Cando realicei o catálogo das cruces e dos cruceiros do municipio de O Vicedo no ano 2007, o BNG presentou unha moción ao Pleno do Concello para que se protexeran e puxeran en valor. A moción foi aprobada polos tres grupos políticos que formaban a corporación municipal. Mais, ao día de hoxe, esa protección é inexistente, mesmo, dende aquelas, algunhas cruces atópanse en peor estado.