Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Augapesada
Outra denominación do ben: Ponte Romana de Augapesada
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Situada na parroquia de Ames, esta ponte de Augapesada está no trazado do antigo Camiño Real de Santiago a Fisterra. É unha ponte de cantería con arco de medio punto rebaixado. Rasante alombada de trazado curvo e calzada de grandes lousas de pedra. Posúe un van e dous vertedoiros. Nalgúns libros e documentos datan a construción como romana e noutros como medieval.
Permite atravesar o regueiro de Augapesada, que desemboca no Sar. Fito importante no paso da ruta xacobea que vai cara a Fisterra e cun grado de protección integral, no PXOM de Ames non se data a súa cronoloxía, pero algúns traballos sobre itinerarios das vías romanas nomean a Augapesada como un lugar de paso cara as terras noroccidentais de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Franco Maside, Rosa María. La Vía Per loca Marítima. Un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA016.pdf
pax. 7 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A parcelaria,segundo unha veciña, deixouna sen saída. Por este motivo ao entrar na ponte por un lado acabase no cerrado dunha finca, ou seña que non ten paso e está fóra da súa función de antigo paso sobre o rego de Augapesada.


Onde está localizado

Latitude: 42.8894977323
Lonxitude: -8.65000605583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84