Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Herrerías.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:

O edificio do Ceip Montel Touzet foi residencia de Gómez Pérez das Mariñas, un nobre que ocupou en ocasións distintos cargos importantes na vila da Coruña. Era fillo de Ares Pardo das Mariñas e dona Teresa de Montaos. Segundo relata o cronista medieval Vasco de Aponte, dende moi novo Gómez Pérez destacaba na corte do rei Xoán II polo carácter batallador, as súas proezas e o seu valor. Todos estes méritos levárano a conseguir gran cantidade de mercedes do monarca, entre elas, o goberno militar da vila.
Persoeiro poderoso e controvertido como nobre, sufreu as iras dos Irmandiños levantados na Coruña.
Á súa morte legoulle, no ano 1474, a residencia habitual á súa muller, dona Teresa de Haro, e tras o pasamento desta, pasaría a súa filla dona Costanza.
Esta casa foi identificada tamén coa que foi casa dos marqueses de Camarasa, edificio que aínda hoxe en día conserva unha pedra armeira nun lateral coas familias nobres que moraron alí.
O 30 de novembro de 1862, o alcalde José Mª Abella fai saber que ás doce do día seguinte inaugurarase na casa-pazo dos marqueses de Camarasa o Instituto de 2ª Ensinanza, comezando así a súa andaina como centro de educativo ata os nosos días.
Para inscribirse facía falla uns requisitos tales como ter cumpridos dez anos de idade e aprobar un exame xeral das asignaturas que comprendía a 1ª ensinanza elemental.
Hoxe en día segue a ser un centro de ensinanza infantil e primaria, o que o fai o decano da ensinanza na cidade da Coruña. Ocupa unha superficie total entre o edificio e o patio de recreo duns 1945 metros cadrados, dos cales, 1075 metros cadrados son do edificio. Este ten forma de polígono irregular en forma de “b” e dous andares de altura, (baixo e 1º andar).
Na porta principal amosa un escudo de armas da República e no muro lateral leste, conserva como xa dixemos antes, un escudo das linaxes que viviron neste edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3713613371
Lonxitude: -8.39329183102
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84