Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O convento foi fundado polo mesmo San Francisco de Asís no século XIII con ocasión da peregrinación que o santo fixo a Compostela entre os anos 1212 e 1215. O convento álzase no lugar de Valdediós, antigamente propiedade do mosteiro de San Martín Pinario, que o cedeu aos franciscanos polo prezo simbólico dunha cesta de troitas do río Sarela que anualmente subían a levar en solemne procesión ata as súas portas. A lenda conta que San Francisco encargou a construción a un carboneiro chamado Cotolai, que milagrosamente atopou un tesouro co que puido costear a obra. Da primeira construción só se conservan cinco arcos oxivais no claustro principal. O novo claustro construído en 1607 organizado en dúas plantas, con pilastras que sosteñen arcos de medio punto, é obra de Ginés Martínez.
A igrexa construída en cadeirado de granito regular no ano 1742 é obra de Simón Rodríguez, ten planta rectangular con nave con capelas laterais e cuberta con bóveda de canón con cúpula de media laranxa no centro na nave principal. De fachada de gran tamaño e de estilo barroco na parte baixa e totalmente neoclásica na zona superior froito dunha posterior reforma. Na parte baixa dous pares de columnas, a cada lado da porta, apoiadas sobre plintos, con basa, fuste liso e capitel dórico, sosteñen un entaboamento con friso liso, sen esculturas, pero que adornan os extremos con pináculo de copa sobre unha basa cuadrangular. Na parte de arriba dúas columnas enmarcan unha gran ventá, que da luz ao interior do templo, e sosteñen un frontón triangular sen adornos nin figuración, pero teñen como acroteras dous anxos que miran a unha cruz no seu cume. Na fornela central ten unha magnífica escultura que representa a San Francisco, obra do escultor galego José Ferreiro Suárez (1738-1830). Culmina a fachada con dúas torres de campás en cada extremo da fachada. Cada unha co primeiro corpo cadrado con ocos rematados en arcos de medio punto e con pequena balaustrada. Despois de cornixa voada dan paso aos superiores de trazado octogonal con vans en cada lado, balaustrada perimetral e rematados en cúpula cun gran pináculo de bóla.
A escasos metros da fachada podemos ver o monumento que o escultor Asorey realizou a modo de cruceiro e no que está na súa parte superior o Santo de Asís cos brazos alzados e diante da cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: EquipamentoHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.santiagoturismo.com/monumentos/convento-e-igrexa-de-san-francisco


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8836530464
Lonxitude: -8.54501366615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84