Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: rúa Lepanto
Outra denominación do ben: Museo Municipal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A casa dos Méndez Montoto, hoxe museo municipal, atopámola na rúa Lepanto (rúa da Obra na Idade Media, que vai da Catedral a Praza do Ferro), é unha casa renacentista do século XVI, propiedade dos Méndez Montouto, que foi adaptada como museo en 1.987.
Da edificación primitiva só se conserva a fachada de pedra e unha columna con lintel na entrada. Ten tres alturas, dúas delas destinadas a salas de exposicións temporais de pintura e escultura, moderna e contemporánea, e a última conten unha colección permanente do artista Xulio Prieto Nespereira formada por 54 obras de todo tipo.
Na fachada exterior podemos ver varios escudos nobiliarios, ademais de outra decoración con molduras variadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://civitasauriensis.blogspot.com.es/2009/04/ourense-en-tempos-dos-rrcc-parte-ii.html
http://1.bp.blogspot.com/_uNGTkBSEHTg/SfI6LXo_sHI/AAAAAAAAAac/fpQ5wrtUQLc/s400/museo+municipal.jpg
http://www.turismodeourense.com/fileadmin/folletos/ruta_monumental_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33698795715221
Lonxitude: -7.86305800080299
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84