Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza de San Cosme e San Damián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Constrúense a capela e o hospital de San Cosme e San Damián na praza que leva o seu nome no 1521 por encargo de un cirurxián chamado Juan Lérez, a fachada da capela é renacentista e o hospital, plateresco. Conserva os escudos familiares do fundador, e na actualidade e dende 1982 alberga un Belén permanente do artista ourensán Arturo Baltar feito con figuras de barro cocido, con personaxes e edificios típicos da cidade de principios do século XX e outros que representan escenas tradicionais do mundo rural. Ademais o completan frescos de outros artistas ourensáns moi importantes coma Xaime Quesada.
Porta con arco carpanel con dúas esculturas baixo dosel. Na clave represéntanse os santos e nos ángulos os escudos do fundador. Sobre esta pedra con lenda.
Na cima cornixa triangular cun traballado rosetón, na cima moldura e remate con cruz de pedra no vértice. No extremo esquerdo pequena espadana dun oco, cun pequeno campanil.
Cosme e Damián foron uns médicos mártires do século III.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.ourenses.com/capilla-de-san-cosme-y-san-damian

http://www.portalviajar.com/europa/espana/ourense/lugares-de-interes.php

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=280376906&ctre=75

http://farm7.staticflickr.com/6158/6207560354_ed88b5f21e_z.jpg

http://www.ourenses.com/wp-content/uploads/2012/08/DSC_0018.jpg

http://farm7.staticflickr.com/6159/6207559728_42e085131a_z.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33304626691026
Lonxitude: -7.86175578832626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84