Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Becerreá
Parroquia: Ouselle
Lugar: Ouselle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
De forma ovoidal, presenta un recinto interior arrodeado por un parapeto de terra e lousa e un foxo. No parapeto practicouse unha apertura para acceder ao interior. Alterado polos labores agrícolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
No castro asturiano de Chao de San Martín (Grandas de Salime) apareceu un vaso de cerámica común descuberto nun contexto do século I d.C. que amosa un grafito coa inscrición: COPIAM [.] VROFLAVIENSES SALVTEM OCELAE FELICITER, que podemos traducir como “Os buroflavienses desexan sorte en abundancia aos de Ocela”. Algúns historiadores sitúan en Ouselle a antiga Ocellum Gallaicorum, capital do pobo dos Zoelas, famosos entre os romanos pola calidade do liño que cultivaban e traballaban. Mais as últimas investigacións apuntan a que os zoelas habitarían a área situada na rexión de Bragança (Portugal), estendéndose cara o leste ata a Terra de Aliste, na provincia de Zamora, e ata a área de Miranda do Douro. A capitalidade dos Buroflavienses identifícase coa Pobra do Burón (A Fonsagrada).
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
Aprobación inicial do PXOM do concello de Bececerreá, de 26 de abril de 2012
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.864490227899665Lonxitude: -7.149996757507324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84