Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Fonsagrada
Parroquia: Santo André de Logares
Lugar: Zarro de Pedro-Chao de Fornos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada a carón dunha encrucillada formada polo cruce de dúas vías entre as que salienta un vello camiño utilizado polos arrieiros para o transporte de mercadorías entre Asturias e Galiza. O cruceiro, de granito, presenta unha basa cuadrangular de dous chanzos, fuste que comeza con base rectangular con cuarto bocel para transformarse na parte superior nunha sección circular e capitel moldurado. A cruz, sostida sobre unha pequena base debido ao mecanismo que lle permite xirar, presenta no anverso a Cristo crucificado, e no reverso, no canto da habitual Virxe María nalgunha das múltiples advocacións, a Santa Bárbara, santa asociada coa raio e tradicionalmente invocada durante as treboadas. A cruz, ademáis de ser un elemento de protección para os arrieiros e para as súas mercadorías, servía para comunicar a situación coa que outros viaxantes se poderían atopar. Se era a imaxe de Cristo a que se podía ver dende o camiño, trasladaba unha mensaxe de tranquilidade, mais, se cara a verea miraba Santa Marta, o arrieiro sabía que podería haber perigos (salteadores de camiños, por exemplo).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, un home que viaxaba dende Quiroga parou nunha pousada onde a dona lle ensinou o plano dun tesouro. O camiñante memorizou a súa localización e atopouno, e con el mandou construír a Casa Grande da Graña e, en lembranza do achádego, a colocación do cruceiro. Esta lenda quizais haxa que vencellala coa presenza nas inmediacións do cruceiro da necrópole megalítica coñecida como Medorras da Cruz da Graña.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Xosé Carlos Beiró Piñeiro: “Dous novos tipos de cruceiros na provincia de Lugo”, en Murguía, revista galega de historia (2003)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28398808725658
Lonxitude: -7.103562355041504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84