Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: A Fonsagrada
Parroquia: A Fonsagrada
Lugar: A Fonsagrada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Entra no concello polo Alto do Acevo, continuando por Barbeitos, Silvela, A Pobra do Burón (capital do concello ata o ano 1835), e Paradanova, atravesa a capital municipal onde había un albergue e unha fonte, a “fontem sacram” que disque lle deu o nome á vila, para seguir cara Vilardongo, Pedrafitelas, Padrón e Montouto onde se atopa o antigo hospital de peregrinos fundado por Pedro I no ano 1357. No municipio sae por Paradavella, xa camiño do Cádavo.
Por terras galegas, o Camiño Primitivo recorre os concellos actuais de A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín de Pallares, Friol, Palas de Rei, Toques, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Disque xa era unha ruta de peregrinación relixiosa “celta” e que a fonte que hai na capital xa era utilizada polos primitivos moradores.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.fonsagrada.org/content/cami%C3%B1o-primitivo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1510725
Lonxitude: -7.0498442
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84