Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia
Parroquia: Argalo
Lugar: Alto de San Lois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O historiador Xerardo Agrafoxo Pérez, nun traballo para o Colexio da Silva, Lousame, no 1981,; partindo da súa tesina, dicía:
” Polo seu emprazamento estratéxico e a súa morfoloxía defensiva, composta de ata catro murallas, caso único na península da Barbanza, é un dos máis interesantes do partido Xudicial de Noia” (Blanco Abeijón, F. O Castro de S. Lois. Tomo II. Nums. 131-132. Santiago. 1934. pax.187).
De forma circular, elévase uns 20 m. sobre o terreo circundantes nos seus lados NL e SW; polo leste e oeste sigue as pendentes naturais do monte. As murallas foron derrubadas no verán do 1981 pola Corporación Municipal do concello de Noia e construíuse na croa unha casota. Atópase cerámica castrexa e conserva un folclore de mouros e dun encanto. Antigamente na croa existían vestixios dunhas vivendas circulares. O estado de conservación é pésimo..”. Algúns historiadores aventuran a pensar que o asentamento estivera en uso ata a época medieval como fortificación ou posto de vixilancia, debido o seu control sobre a contorna e a visualización da ría. Os topónimo que o rodean: Armada, Campo da Armada, Cruz da Armada , Outeiro da Campana, Alto da Fisga, Pozo do Trancho, tamén parecen apuntar nesa dirección.
Na segunda imaxe un lidar da zona do castro e unha imaxe das estruturas no Voo Americano do ano 1956.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 394
Asentamento Castrexos no Partido Xudicial de Noia. Xerardo Agrafoxo Pérez.Colexio Público Cernadas De Castro. A Silva-Lousame


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está coroados de antenas de telefonía e construiuse a estrada ata a coroa do depósito arqueolóxico.


Onde está localizado

Latitude: 42.7719829553
Lonxitude: -8.91428947449
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84