Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situada na Ponte da Misericordia. Trátase dunha cruz de granito. Durante as obras de ampliación da ponte a principios dos anos oitenta do pasado século, a cruz rompeu polo que tivo que ser reparada. O nome quizais estea asociado cun dos métodos de tormento utilizados na Idade Media.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a lenda, na Idade Media aconteceu unha pelexa entre dous cabaleiros e un deles matou ao outro. O que quedou con vida, para manifestar o seu pesar, mandou erixir a cruz para que a xente que polo lugar pasara rezara unha oración pola alma do finado. O cabaleiro foi condenado no patíbulo que ao parecer se levantaba no coñecido como Coto da Misericordia.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Seminario de Estudos “Terra de Viveiro”: “Catálogo dos cruceiros e cruces da Terra de Viveiro” (1996)
J. Donapetry Iribarnegaray: “Historia de Vivero y su concejo”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6637862124111Lonxitude: -7.599449157714844
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84