
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Pontenova
Parroquia: Vilarmide
Lugar: Vilarmide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio construido en cachotaría de xisto. Consta dunha nave rectangular con tellado de lousa a dúas augas. Ao interior do templo accédese por medio dun pórtico. Presenta campanario dun van. No interior mostra a capela maior con arco triunfal e sancristía ao fondo da nave. Conserva un retábulo do século XIX, con imaxes de San Pedro, Santa María e o Neno do século XVIII, e de San Antonio. Había outra talla do San Pedro que foi roubada hai anos. A igrexa actual data do século XVII, aínda que se cre que foi erixida sobre outra anterior. Celébrase unha afamada romaría o primeiro día de agosto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Nas inmediacións hai unha fonte milagreira, sandadora das espullas, á que os devotos acostuman poñer panos e exvotos.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.524)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.29474960827961Lonxitude: -7.186431884765625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84