
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourol
Parroquia: San Pantaión de Cabanas
Lugar: San Pantaión de Cabanas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa actual asenta sobre outra primitiva gótica de finais do século XIV e principios do XV. Sufriu varias reformas durante o século XVIII que afectaron principalmente á capela maior e á nave. De planta rectangular, fabricada en cachotaría de granito e cuberta a dúas augas, a catro augas no presbiterio e a tres augas nas sancristías situadas en ambos os dous laterais. Presenta unha torre campanario de dous corpos de estilo barroco cun reloxo de sol datado no ano 1817. Ao interior accédese por unha porta-arcada de estilo oxival. No interior salienta un retábulo de estilo rococó de finais do século XVIII coas imaxes de San Pantaión, patrón da parroquia, San Ramón Nonato e Santiago Apóstolo a cabalo, e dous retábulos máis do mesmo século.
No muro que circunda o adro-cemiterio, xunto a porta de acceso, hai un xabarín que serve de soporte a unha cruz; hai quen quere ver nesta escultura unha figura prehistórica atopada nalgún castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.517 e 6.518)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.60202747078755Lonxitude: -7.714376449584961
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84