Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo
Lugar: Seixalbo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX, Século XX,
Descrición:

Situada no Camiño da Prata, a igrexa, de planta rectangular, é de orixe románica. Desta época consérvanse marcas de canteiro nos alicerces dos muros que dan ao cemiterio e nos canzorros dos aleiros. No século XIX sufriu unha profunda reforma que culminou no ano 1901 coa construción da actual fachada, obra de Vázquez Gulías, co esvelto campanario e reloxo. No interior salienta un arco de estilo mozárabe, copia ampliada do orixinal que había antes da reforma. A capela do San Roque data de finais do século XV ou principios do XVI. Sobre a entrada principal érguese un sinxelo coro de madeira. O retábulo maior ocupa toda a cabeceira e hai outros retábulos nos laterais da nave con varias imaxes, entre elas a de San Xoán Bautista cuxa festa se celebra no mes de xuño. Tamén hai unha copia da coñecida como “Virxe de Seixalbo”, da que o orixinal se atopa dende o ano 1931 no Museo da Catedral de Ourense. Nas inmediacións atópase o antigo hospital de peregrinos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.306244949778026
Lonxitude: -7.855739593505859
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84