Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterrei
Parroquia: Vilaza
Lugar: Vilaza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O documento fundacional do primitivo mosteiro, recollido no Tombo de Celanova, data do ano 985, grazas a doazón de dona Goda e a súa filla Eloina Goda. Posto baixo a advocación da Santa Cruz, estaba habitado por monxes e monxas (dúplice). Á morte de dona Goda, a súa parente e herdeira, dona Trudilla, trae para este cenobio as monxas de San Salvador e Santa María de Sabucedo, no concello de Porqueira, que ata ese intre compartían con monxes. A mediados do século XI desaparecen as referencias á Santa Cruz, pasando a denominarse de San Salvador e xa ocupado polos Coengos Regulares de San Agostiño, dependentes do bispado de Ourense. Posta baixo a advocación de San Salvador, a igrexa actual é barroca (século XVIII). Do antigo edificio románico conserva unha portada cunha arquivolta simple e chambrana con decoración axedrezada. Tamén a gran torre, coñecida como dos Templarios, de planta cadrada e xanelas a cada lado con arcos de medio punto e decoración igualmente axedrezada sobre os mesmos. A torre remátase cun aleiro sostido por canzorriños e unha balaustrada barroca, con pináculos piramidais nos cantos. A portada sur presenta unha fornela moi decorada onde hai instalado un reloxo de sol.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://axaneladebaronceli.blogspot.com.es/2010/10/conventos-e-mosteiros-do-concello-de_25.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/main/SeeDocumentoGALICIA.asp?elementoID=959&menuTitle=CATALOGO&mosca=&idlinkmapimage=-1&px1=604096&px2=638946&py1=4635197&py2=4657600&pIsNSPP=0&pIDProvincia=-1

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910715/AnuncioB3A2_6_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.93137686824818
Lonxitude: -7.4888670444488525
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84