Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Borreiros (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo, edificada sobre unha aterior de época románica, ten planta rectangular con sancristía acaroada por un dos lados. Tellado a dúas augas a excepción da zona do presbiterio que vai a catro. A primeira metade dos muros están feitos a base de cadeirado regular de granito, mentres que a segunda son de cachotería. A fachada ten porta cadrada, unha fornela coa imaxe do Santo, e unha pequena ventá. Remata nunha espadana con ocos de arco para dúas campás e adornada con pináculos de bóla.
No seu exterior atopamos un reloxo de Sol e unha incripción que marca a data de 1785 como inicio de construcción da igrexa:
“ESTA CAPILLA SE HIZO
SIENDO ABAD LIZENCIADO DON LOIS CAS
TRO AÑO DE 1785”.

No seu interior posúe teitume pétreo en forma de bóveda de canón. A nave e o presbiterio quedan separados por un arco triunfal apoiado en pilastras.
Atopamos tamén esculturas talladas en madeira e pintadas por diferentes artistas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA004.pdf (Páxina 1)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed:IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.103255402154
Lonxitude: -8.8033801317215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84