Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tomiño
Parroquia: Figueiró (San Martiño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Ten unha base circular de 90 cm. de altura, sobre a que se sitúa unha escalinata de catro chanzos, de base octogonal. Sobre ela un pedestal, tamén octogonal, de 1,60 m. de altura, no que están labrados en releve distintos motivos da Paixón e unha corda que os suxeita contra o pedestal. Hai tamén unha cartela coa data da súa construción.
O fuste é cilíndrico, cunha altura de 4,20 m. A súa parte inferior adórnase con bandas entrelazadas.
O capitel, con adornos florais, da paso á cruz con Cristo morto no anverso e a Virxe sobre o mundo e pisando a serpe no reverso.
No ano 1906 colocouse a varanda de protección.
O seu autor é Xosé Antón Araujo Ramallosa, natural de Gondarem (Portugal), que contratou a obra o 11 de abril de 1875 pola cantidade de 6.500 reais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9634511287
Lonxitude: -8.77212166786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84