Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - San Francisco
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Francisco
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón do albergue do camiño de Santiago e do museo arqueolóxico sito en San Francisco, situase este cruceiro.
Formado por grada de dous chanzos en boa cantería de granito con planta en forma hexagonal, sobre os que se sitúa a base, que acompaña con ese mesmo perfil en hexágono, sobre ela situase o varal de sección redonda.
Na cima, aséntase o capitel moldurado tamén de sección redonda, e sobre este unha fina cruz de perfil cadrado, tendo os brazos e puntas decoradas con remates florenzados.
Está feito todo en granito, tanto a grada como a base son antigas, sendo o resto mais moderno.

Parece ser que este cruceiro foi tamén un dos monumentos viaxeiros da cidade de Ourense, antes do actual emprazamento,
coñécenselle polo menos outros dous.
A Rúa da Estrela, tamén chamada o “Quebracús” e o outro seria enfronte do muro do cuartel de San Francisco, os dous emprazamentos próximos ó actual.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://caminosasantiagosolitario.blogspot.com.es/2012/04/decimotercera-etapa-laza-monasterio-de.html
http://1.bp.blogspot.com/-vbcM9sLrW3c/T37or4QBzvI/AAAAAAAACA8/y-wlxEsEF00/s1600/SAM_2645_972x1296.jpg

http://www.ourensenotempo.blogspot.com.es/2013/03/otro-viajero.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3365388787
Lonxitude: -7.86055415869
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84