Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Muxía
Parroquia: Muxía
Lugar: Muxía-A Punta da Barca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Xunto coa Pedra de Abalar e a Pedra do Temón, está vencellada a un ritual máxico-relixioso practicado ao longo dos séculos.
Segundo a lenda, a Pedra dos Cadrís simboliza a vela da embarcación que trouxo á Virxe a terras galegas. Ten forma de ril e se lle atribúen propiedades curativas para as dores de ril, reuma, etc. Para que o ritual sexa efectivo é preciso pasar nove veces por debaixo dela.
Na cristianización deste lugar tiveron moito que ver os monxes do mosteiro de Moraime, orixinándose varias lendas cristiáns que tiveron como finalidade afastar da xente os cultos paganos. A principal destas lendas está asociada á aparición da Virxe María ao Apóstolo Santiago e que propiciou a construción do santuario que se ergue no lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.113261698680525
Lonxitude: -9.21903133392334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84