Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Lourenzá
Parroquia: Vilanova de Lourenzá
Lugar: Vilanova de Lourenzá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O mosteiro fundouno no ano 969 o conde Osorio Guterres, curmán do rei Ordoño; á morte da súa muller ingresou no mosteiro. Considerado santo, foi soterrado nun sártego paleocristián de mármore que el mesmo trouxera dunha viaxe a Terra Santa. A construción actual do edificio monacal data dos séculos XVII e XVIII. Da primitiva edificación só se conservan unha ara do século IX e unha lauda do XII. O cenobio incorporouse á Regra de San Bieito de Nursia no século XII, acadando un enorme poder, cun patrimonio que abranguía toda a Mariña Luguesa e parte da Terra Chá. Aínda que os monxes abandonaron o mosteiro debido aos decretos de exclaustración e desamortización de Mendizábal, quixeron ocupalo de novo no 1878, mais un incendio truncou a iniciativa. Regresaron no 1910, permanecendo nel ata o 1942 cando se estableceu no mosteiro o Seminario Menor Diocesano. Da antiga construción monacal consérvanse dous claustros rematados no ano 1786, o coñecido como Patio do Pozo do Santo e o de San Salvador. A igrexa data do s. XVIII, construída en estilo barroco galego. Ten planta de cruz latina con tres naves separadas por pilastras dóricas das que parten arcos faixóns. A nave central, máis ancha, está cuberta con bóveda de canón, e as laterais con bóvedas de aresta. Unha cúpula, de media laranxa con lanterna, cobre o centro do cruceiro. Na capela de Valdeflores atópase o sártego cos restos do fundador Osorio Guterres, máis coñecido como O Conde Santo. Na fachada principal, abeirada por dúas torres, figuran as imaxes do Salvador, da Virxe e do Conde Santo e, por baixo delas, representacións da orde beneditina, San Bieito e Santa Escolástica. O Arquivo Histórico Nacional de Madrid acolle o que se ten como o segundo documento máis antigo escrito enteiramente en galego, pertencente ao Tombo de Lourenzá, datado o 15 de outubro de 1232. De febreiro de 1238 é outro documento, tamén escrito en galego, que recolle o preito entre o Concello de Ribadeo e o abade de Lourenzá polas rendas do porto de Rinlo. A maior parte dos documentos máis antigos, escritos en galego, desapareceron debido a que, entre outras causas, os pergameos en que se escribiron foron reutilizados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOURENZA/documents/0676CA001.pdf

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.47090373313508
Lonxitude: -7.297850847244263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84