Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Friol
Parroquia: Guimarei
Lugar: Guimarei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

De finais do século XV, con ampliacións e reformas nos séculos XVI, XVII e XVIII. Presenta planta rectangular construída en cadeirado de granito e con contrafortes nos laterais. Está cuberta de lousa, de dúas augas na nave e catro augas na capela maior. Ten unha escalinata de acceso na fachada principal con porta de arco de medio punto sobre a que se abre un rosetón calado e espadana de dous vans. No interior, bóveda de canón na nave e coro do ano 1699. O retábulo maior data do século XVIII. Consérvase unha lápida funeraria que fai alusión a Andrés de Berbetoros e á súa dona Inés de Montenegro baixo o mecenado dos cales se construíu a igrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.98195550160021
Lonxitude: -7.766261100769043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84